Boiro inviste preto de 200 mil euros nos campos de Barraña e Vista Alegre

BOIRO> O executivo boirense inviste preto de 200 mil euros na posta a punto de varias instalacións deportivas municipais, en con creto nos campos de fútbol de Barraña e Vista Alegre. As dúas instalacións deportivas foron renovadas para este inicio de temporada.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron esta mañá do campo municipal de Barraña para comprobar o estado das obras levadas a cabo nas instalacións para a súa posta a punto de cara a presente temporada. En Barraña as melloras realizadas consistiron basicamente na recuperación do terreo de xogo, afectado por un fungo, e a renovación da zona da cafetería, entre outras actuacións, cun investimento total de aproximadamente uns 79 mil euros.

Ó mesmo tempo o Concello veu desenvolvendo tamén outras actuacións nas instalacións municipais de Vista Alegre que consistiron na creación de novos espazos para ximnasio, sala de fisioterapia e aula de formación.

Dende o Club Deportivo Boiro agradeceron as actuacións realizadas, que permitiron a posta a punto das instalacións de cara á temporada que vén de comezar.

Pero as melloras destas dúas instalacións deportivas municipais non queda só aquí, e o Concello xa se traballa noutros proxectos de maior envergadura como son o cambio de céspede no campo número 1 de Vista Alegre, e a mellora da iluminación e a cuberta da grada en Barraña. Esta última a máis longo prazo.