RIBEIRA> A asociación Agadea conta dende hoxe cunha nova furgoneta adaptada para poder empregala para servizo dos usuarios do centro de atención diúrna específico de alzheimer que a entidade ten en Ribeira.
Esta mañá facíase a entrega oficial do vehículo, por parte da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.
A adquisición da nova furgoneta foi posible grazas á concesión dunha axuda por parte da Xunta de preto dos 49 mil euros.
Dende Agadea, a súa presidenta, Isabel Gey, agradeceu a achega para a compra do vehículo xa que permitirá reforzar o servizo de transporte que se dá ás persoas usuarias do Centro de Día de Ribeira, facilitando o acceso ao recurso a persoas con necesidades de apoio e contribuíndo a reducir as dificultades que os desprazamentos poden supoñer tanto para elas como para as súas familias.
No acto tamén participou a alcaldesa, María Sampedro, que destacou o traballo que desenvolve a entidade que dá servizo a moitas familias do municipio.











