RIBEIRA> Ribeira acollerá o domingo catro de outubro a sétima edición da Andaina Solidaria en favor de AGAPREM. A proba, organizada pola asociación de Amas de Casa, busca visibilizar a prematuridade e as complicacións que leva asociadas así como recadar fondos para as familias con nenos prematuros.
Os ribeirenses volverán facer gala da súa solidariedade na sétima edición da Andaina en favor da Asociación Galega de Nenos Prematuros que se desenvolverá o 4 de outubro na localidade.
A saída está prevista ás dez e media dende a praza do concello onde un DJ amenizará tanto o comezo da andaina como a chegada á meta. O percorrido, duns catro quilómetros, presenta baixa dificultade para favorecer a participación nesta proba que, máis alá de recadar fondos para axudas ás familias con nenos prematuros, pretende dar visibilidade a esta causa.
As inscricións xa se poden realizar tanto no enderezo amasdecasaderiveira@gmail.com como no teléfono 653 333 124 así como o propio día da andaina no stand de AGAPREM. A aportación é voluntaria e tamén se poderán adquirir camisetas conmemorativas por 5 euros.
Ó remate do percorrido haberá un avituallamento para tódolos participante e se realizará un sorteo con artigos doados polas empresas colaboradoras.











