Noia vén de adxudicar a mellora da eficiencia enerxética no polígono de Augalevada

NOIA> O executivo noiés vén de adxudicar por un importe duns 31 mil euros  o proxecto de renovación do alumeado dunha parte do parque empresarial de Augalevada.

Substituiranse en total uns 40 puntos de luz para tecnoloxía LED de alta eficiencia enerxética.

A actuación permitirá ofrecer unha mellor iluminación no parque empresarial e reducir o consumo eléctrico preto dun 43%.

A actuación conta con financiamento da Xunta de Galicia, dentro do programa de axudas para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, na liña destinada á eficiencia enerxética da iluminación pública.