O BNG levará novamente ó Parlamento a precaria situación da atención primaria no Barbanza

RIANXO> O BNG presentará unha nova iniciativa no Parlamento, a través da súa deputada Rosana Pérez, para abordar a situación da atención primaria nos centros de saúde e nos PAC da comarca.

A nacionalista insiste na necesidade da cobertura urxente das prazas vacantes do persoal sanitario e non sanitario.

Dende o BNG insisten tamén noutras demandas específicas de vello na comarca coma son o incremento de horarios nos PAC da Pobra e Rianxo, así como a reclamación veciñal para acadar un PAC a tempo completo e ambulancia as 24 horas neste último municipio.

O BNG fíxose eco tamén da problemática das traballadoras da empresa concesionaria do servizo de limpeza dos centros de saúde de Rianxo e da Pobra que denuncian retrasos á hora de cobrar as súas nóminas para as que piden unha solución.