RIBEIRA> A Xunta de Galicia avanza no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 consolidando a súa Rede de Mercados Excelentes. Sete prazas de abastos contan xa con este selo de calidade que distingue non só as instalacións e os produtos senón tamén o trato personalizado e os servizos que ofrecen.
Un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025 – 2030 e a modernización das prazas de abastos para mellorar a súa competitividade. Ó abeiro deste plan nacía a Rede de Mercados Excelentes de Galicia na que se integran xa sete prazas, entre elas a de Ribeira que se facía con este selo de calidade no pasado mes de maio.
Conseguir este distintivo implica o cumprimento dunha serie requisitos en materia de accesibilidade e servizos xunto cunha estética coidada, con espazos para a divulgación dos produtos de proximidade así como a integración na contorna. Requisitos todos eles que supoñen tamén importantes vantaxes como a posibilidade de acceder a novas liñas de axuda contar coa figura dun xerente para mellorar a xestión e formar parte das campañas de divulgación dos mercados que integran a rede.
O mercado de Ribeira conta na actualidade cuns quince postos nos que destaca o calidade do produto de proximidade e o trato personalizado. Emprázase nun edificio multiusos que conta con espazos gastronómicos, zona de cociñas e un restaurante con terraza na planta superior ofrecendo ó visitante unha experiencia completa.
A Xunta de Galicia segue así a apostar pola modernización das prazas como motor do comercio local co obxectivo de ampliar a rede ata os 10 mercados excelentes a finais de ano e alcanzar a cifra de 25 prazas co selo de calidade a partir de 2030.











