Rianxo organiza unha nova andaina solidaria en favor de SOGAPS

Rianxo organiza unha nova andaina  solidaria en favor da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí. Será o vindeiro 22  de agosto. Todo o recadado a través das inscricións será destinado integramente á entidade.

A Deputación da Coruña achega máis de 250 mil euros para avanzar na rehabilitación...

A Deputación da Coruña aprobou o crédito para seguir avanzando na rehabilitación dos inmobles da finca de Goiáns. Trala rehabilitación do Pazo e da Capela procederase agora á posta en valor das cortes e o lagar pequeno, cunah achega de máis de 250 mil euros

Río Azor acolle este sábado o Campionato Infantil de Fotografía Submarina

RIBEIRA> Máis dunha ducia de nenos participarán no Campionato Infantil de Fotografía de Peixes que se desenvolverá este sábado na praia de Río Azor...

O PSOE de Rianxo denuncia o retraso nas obras de abastecemento da Marquesa

O PSOE de Rianxo insiste na denuncia na tardanza na execución das obras de abastecemento na Marquesa, na parroquia de Asados. Os socialistas recollen o malestar da veciñanza pola paralización dos traballos e o mal estado dos viais que atravesan este núcleo. Reclámanlle ó executivo local unha solución inmediata ó problema.

O comercio da Pobra sairá á rúa esta fin de semana

A Pobra celebra esta fin de semana unha nova edición do Comercio na Rúa. A praza do Emigrante albergará as casetas nas que os comerciantes da vila sacarán á venda os seus produtos.

O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas...

O BNG de Boiro critica a falla de previsión do goberno ante os problemas de abastecemento de auga. Os nacionalistas consideran que as medidas restritivas chegan tarde, cando xa están producindo cortes e perdas de presión no subministro.

Máis dun cento de postos integrarán a Feira Artemar de Ribeira

Ribeira volverá reivindicar o seu pasado mariñeiro cunha nova edición de Artemar que se celebrará entre o 13 e o 16 de agosto. Un cento de postos integrarán o mercado que contará con animación de rúa e espectáculos de gran formato.

Aguiño exaltará a súa navalla este domingo

Esta fin de semana terá lugar a décima Exaltación da Navalla en Aguiño. A organización prevé repartir 600 quilos de bivalvo xunto con racións e empanada.

Unhas 150 parellas participarán no IX Torneo de Pádel Cidade de Ribeira

Esta mañá presentábase a novena edición do Torneo de Padel Cidade de Ribeira. A cita, organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, en colaboración do Concello, disputarase do 8 ó 15 de agosto. Prevese unha participación dunhas 150 parellas.

Cabo da Cruz renderá tributo ó mexillón do 14 ao 16 de agosto

Cabo da Cruz volverá a render tributo ó mexillón cunha nova edición da Festa de Exaltación do Mexillón. A cita gastronómica terá lugar do 14 ó 16 de agosto. O programa para eses días será do máis variado incluíndo charlas, showcookings, ruta de tapas, e actuacións musicais, aínda que o prato forte será a propia degustación popular do produto prevista para o domingo 16.

REDES SOCIAIS

40,722FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete