BOIRO> O executivo de Boiro saíu ó paso das críticas do PP sobre a falla de previsión na xestión da rede de abastecemento. Dende o goberno enviaron tamén unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía asegurando que a auga é apta para o consumo.
Dende o goberno boirense consideran que o Partido Popular está a aproveitar unha situación de seca e de escaseza de auga xeneralizada para atacar ó executivo por unha presunta falla de previsión. Algo que non é tal, segundo explicou o tenente alcalde, aludindo ós cortes que se están a producir durante as últimas horas por mor dun problema de captación na ETAP de Padrón dependente da Xunta.
Luís Ruíz referiuse tamén ás analíticas realizadas por Espina y Delfin nunha fonte pública da rede de Trebonzos. O protocolo establece a necesidade dunha segunda analítica para confirmar o resultado que, neste caso, indicaba a potabilidade da auga polo que non foi precio adoptar medida algunha en referencia ó consumo.
Dende o concello lanzan unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía con respecto ó bo estado da auga da rede municipal e piden ó PP maior rigor á hora de xerar unha alarma social inxustificada entre a veciñanza.











