A procesión do Divino Nazareno ateigou as rúas da Pobra

A POBRA> Millerios de persoas participaron onte domingo na procesión do Divino Nazareno da Pobra, unha festa declarada de Interese Turístico Galego.

Trala misa celebrada ás dez da mañá na igrexa de Santiago do Deán, celebrouse a tradicional procesión na honra ó Santo.

Este ano foron cinco os ataúdes que procesionaron polas rúas da vila, un número semellante á dos últimos anos. Na maioría dos casos para agradecer ó Divino Nazareno a súa intercesión ante a morte ou un grave problema de saúde.

As festas do Nazareno poñerán hoxe luns o seu punto e final despois de catro xornadas de celebracións.

A orquestra Panorama será a encargada de poñer a guinda musical na verbena para rematar co espectáculo de drons e fogos artificiais acuáticos dende a zona do Areal.