O PORTO DO SON> O xefe territorial de Educación, Santiago Freire, xunto co alcalde, Luís Oujo, visitaron esta mañá o instituto da localidade para comprobar o avance das obras de reconstrución que se están a executar actualmente no pavillón polideportivo do centro.
Segundo informaron a obra, impulsada dende a consellería de Educación cun orzamento duns 267 mil euros, encara xa a súa recta final, polo que podería estar rematada no prazo de dúas semanas.
Dende a dirección do centro mostraron o seu malestar debido ó retraso acumulado na actuación, despois de case dous anos sen poder usar a instalacións.
Un malestar que quixeron escenificar tamén cunha protesta por parte do alumnado ás portas do centro educativo e dun dos docentes que se encamou o tellado instituto cunha pancarta reivindicativa.
Ademais do peche da pista deportiva, a actuación tamén contempla a instalación de novos canalóns e baixantes, e a substitución da cuberta de fibrocemento dos vestiarios por un panel sándwich que mellorará o illamento da infraestrutura.
Tamén se dotará ó polideportivo dun novo almacén e se reformará o sistema eléctrico, dotándoo ademais dun sistema de protección contra incendios











