Éxito total da XV Festa do Mexillón de Rianxo
Esta fin de semana tiña lugar en Rianxo unha nova edición da Festa do Mexillón. Organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, e coa colaboración do Concello, a cita resultou todo un éxito.
O futuro ambiental dos montes e a ría, a debate en Rianxo
Rianxo acollerá este xoves un encontro para analizar a actual situación ambiental da comarca e os retos de futuro. Está organizado pola Asociación Ecoloxista ‘Galiza, Atlántica e Verde’ e contará coa participación da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común e Fousas ao Monte.
Ribeira habilita dous espazos privilexiados para a observación do eclipse
Os ribeirenses terán ocasión de ver o eclipse de sol dende dous lugares privilexiados. O concello organizou actividades de observación na Pedra da Rá e no Faro de Corrubedo cunha explicación guiada por expertos en astronomía.
O BNG reivindica Cerqueira como espazo polivalente para a veciñanza
O futuro da nave de Cerqueira segue a ser obxecto de debate en Ribeira. O BNG demandan que se destine a un espazo multiusos para toda a cidadanía, cumprindo así co obxectivo para o que foi adquirida.
O BNG esixe responsabilidades pola contratación irregular que obriga ó concello ó pago de...
O BNG de Ribeira esixe responsabilidades ó concello despois de que a xustiza lle obrigase a indemnizar a unha traballadora por contratación irregular. O pleno tivo que habilitar unha partida de máis de 100 mil euros do remanente de tesourería para facer fronte a este pago.
Boiro convoca axudas para os alumnos que realizan estudos postobrigatorios
O concello de Boiro volve convocar as axudas para o transporte daqueles alumnos que realicen estudos postobrigatorios tanto dentro como fóra do municipio. A partida orzamentaria ascende a oito mil euros.
Os bombeiros de Boiro rescatan un carneiro que caeu nun pozo
Curioso rescate o que protagonizou hai uns días o persoal do parque comarcal de bombeiros de Boiro. Salvar a un carneiro que caera nun pozo de preto de 10 metros de profundidade. Os bombeiros tiveron que realizar un arduo traballo para poder rescatar ó animal. Por fortuna, e a pesar das dificultades, todo saíu ben,e o animal foi recuperado san e salvo.
Arden catro vehículos estacionados nun taller en Araño
Os equipos de emerxencias tiveron que actuar a primeiras horas desta mañá en Rianxo nun incendio, presuntamente intencionado, que calcinou catro vehículos estacionados a carón dun taller no lugar de Pousada. A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local, abriu unha investigación que, poucas horas despois, deu co arresto de dúas persoas, ó parecer os presuntos causantes do mesmo.
O III Boviño Fest reunirá a dez bodegas nun destino enogastronómico como O Barbanza
O Barbanza volverá converterse en capital do viño cunha nova edición do Boviño Fest. A iniciativa, na que participarán dez bodegas, recalará nos concellos de Rianxo, A Pobra e Boiro entre o 6 e o 9 de agosto.
Máis de 20 establecementos participan na XXI Feira de Oportunidades Viamare
Ribeira celebrará entre o 7 e o 9 de agosto a vixésimo primeira edición do Viamare Stock. Máis de vinte establecementos comerciais participarán nesta feira de oportunidades que, por primeira vez, pechará as portas a mediodía.

















