A POBRA> O Museo Valle-Inclán da Pobra acollerá ata principios de outubro unha maqueta do Santa Isabel. Trátase dunha peza cedida polo vilagarcián, José Antonio Barreiro.
Horas e horas de traballo ó longo de ano e medio tiveron como resultado esta maqueta excepcional do buque Santa Isabel que xa se pode visitar no museo Valle-Inclán da Pobra.
O seu autor, Jose Antonio Barreiro, conta xa con varias réplicas de embarcacións na súa traxectoria aínda que este é especial posto que sempre tivo a teima de reproducir o Santa Isabel. Non o fixo por falla de información ata que chegou a el o libro de Xosé María Fernández Pazos sobre o naufraxio.
A exposición da maqueta acompáñase de fotografías e textos explicativos sobre o naufraxio acontecido en 1921 fronte á costa de Sálvora.











