RIBEIRA> O mes de outubro é sinómimo de teatro. Á programación habitual da súa mostra, engádese o Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia que ofrecerá no auditorio municipal sete funcións de compañías de Galicia e Portugal.
Sete funcións, entre as que destacan dúas estreas unha delas a cargo dunha compañía internacional, compoñen o cartel do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia que recalará en Ribeira ente o 3 o 25 de outubro.
Destaca a variedade de temáticas e estilos das propostas que pretenden achegar o teatro afeccionado a tódolos públicos. Tódalas funcións están programadas para as oito da tarde. A entrada será de balde e poderá accederse ó recinto dende media hora antes do inicio, ata completar aforo.











