RIBEIRA> Ribeira segue a ser sede do teatro afeccionado. Este domingo, o auditorio municipal acollerá a representación de ‘Peter, Voamos’ un musical da asociación ASPAS. Medio cento de actores con discapacidade intelectual subirán ás táboas acompañados doutros tantos colaboradores.
Tras case unha década enchendo auditorios, o musical ‘Peter, Voamos’ recalará en Ribeira. Tratase dunha produción propia da asociación de país de persoas con discapacidade intelectual ASPAS, dirixida por Quico Bouza.
Sairán a escena preto de medio cento de actores con discapacidade intelectual que compartirán táboas con outros tantos músicos, artistas e colaboradores que non dubidaron en sumarse ó espectáculo tanto pola súa calidade como polos seus fin social contribuíndo a poñer en valor as capacidades artísticas máis diversas.
A entrada será de balde e poderá accederse ó recinto media hora antes do inicio da función previsto para as sete da tarde.











