NOIA> O executivo de Noia presentou as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña tralo acordo acadado co grupo municipal do BNG. Entre as actuacións máis destacadas figura a automatización da planta potabilizadora de auga ou a rehabilitación da contorna do cruceiro da Barquiña.
O goberno noiés levará a pleno a proposta conxunta acadada tras un acordo co BNG para destinar os máis de 700 mil euros que lle corresponden ó concello no marco do POS adicional da Deputación da Coruña. unha das obras máis cuantiosas será a rehabilitación do cruceiro da Barquiña, que marca o iniciou dunha política de recuperación dos núcleos tradicionais do rural.
O abastecemento de auga ocupa tamén un lugar destacado neste POS cun investimento de máis de 100 mil euros para a automatización da estación potabilizadora.
Contemplánse tamén investimentos para a pavimentación e renovación de redes en numerosos puntos do municipio como a baixada da igrexa de Roo, as beirarrúas de Santa Crstina ou duiversas melloras en Labarta e Bergondo, entre outras.
Ademais das obras destinarase unha partida de 136 mil euros para gasto corrente, dedicado ó reforzo do servizo de limpeza, así como uns 70 mil para redución da débeda.











