BARBANZA> O BNG levará ó Parlamento a situación do transporte público no Barbanza. Piden á Xunta que extreme o control sobre a empresa ante os reiterados incumprimentos. Demandan tamén a incorporación dunha liña que conecte a comarca coa estación de tren de Catoira.
A piques de resolverse a concesión do transporte público no Barbanza, tan só Monbus, actual adxudicataria, presentou oferte. No caso de que finalmente renove a concesión ata 2030, o BNG esixe á Xunta que extreme o control sobre a empresa para evitar os reiterados incumprimentos que se veñen dando. Como exemplo, os problemas nos servizos de transporte escolar que se levan rexistrando dende o comezo do curso ós que se suman as presuntas irregularidades na contratación de persoal denunciados pola CIG.
Ademais de esixir o cumprimento estrito da condicións do contrato na futura concesión, os nacionalistas demandarán tamén a ampliación da concesión para incorporar unha liña que conecte a comarca coa estación de tren de Catoira, dando resposta a unha demanda histórica.
Lembran dende o BNG que se trata dun contrato por valor de 13’6 millóns de euros ata o 2030 polo que debe esixirse un servizo puntual, eficiente e seguro.











