Os boirenses volverán colaborar coa Fundación Stop Leucemia na VI Andaina Solidaria de Jealsa

BOIRO> Jealsa volverá celebrar a súa andaina solidaria en favor da Fundación Stop Leucemia. Esta sexta edición desenvolverase o 27 de setembro cun percorrido deseñado por Barbantia Roda, apto para tódolos públicos. Dende a organización chaman a participar nesta cita deportiva en beneficio de toda a sociedade.

A Andania Solidaria de Jealsa chega á súa sexta edición contribuíndo a recadar fondos para a investigación contra o cancro. As cotas das inscricións, así como os donativos a través do dorsal cero irán destinados ó equipo de investigación sanitaria que a Fundación Stop Leucemia ten en Santiago.

Xunto con Jealsa, promotora desta iniciativa, colaboran outras empresas locais como a farnacia Cimadevila, Confitería Belén, clínica dental Rebeca Ozores, Chicolino e Triñanes así como o concello de Boiro que quixo agradecer a implicación do tecido empresarial.

A saída da andaina está prevista ás dez da mañá dende a praza de Galicia para completar un itinerario de dez quilómetros de baixa dificultade deseñado por Barbantia Roda para favorecer a participación.