A POBRA> A Pobra volverá apostar polo baile da man do Taller Alecrín que programou diversos actividades e cursos para a tempada 2026-2027. Haberá obradoiros tódolos venres pola tarde no colexio de Bandaseca tanto de baile individual como para parellas.
Achegar o baule á cidadanía e promover a actividade física e os hábitos de vida saudables. Con este dobre obxectivo, o concello da Pobra e o Taller Alecrín volven ir da man ofertando numerosas actividades para a presente tempada.
Haberá cursos regulares de LineDance e Baile Social así como actividades de promoción de baile deportivo en colaboración cos centros educativos do municipio. Tamén se desenvolverán a partir de mañá xornadas de portas abertas para as persoas que queiran iniciarse.
Tamén se desenvolverá unha programación especial no mes de abril para conmemorar o Día Internacional da Danza.











