A área de estacionamento de autocaravanas da Barquiña entrará en servizo nos próximos días
A próxima semana entrará en servizo a área de estacionamento de autocaravanas de Noia. O proxecto, enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, supuxo un investimento próximo ós 200 mil euros.
Presentada a novena edición do Trofeo Portus Apostoli
Esta mañá presentábase en Noia a novena edición do Trofeo Portus Apostoli. A cita organizada polo Noia Fútbol Sala, en colaboración co Concello, disputarase no pavillón Agustín Mourís os días 21 e 22 de agosto, coincidindo coas festas do San Bartolomeu. A cita, que se disputará en formato de semifinal e final, reunirá, ademais do equipo local, o Noia Portus Apostoli, ó Palma Futsal, ó Parrulo de Ferrol e a Selección de Indonesia. Un cartel de auténtico luxo.
Congalsa e a USC estreitan a súa colaboración para a transferencia de coñecemento
Congalsa e a Universidade de Santiago buscan novas vías de colaboración no campo da innovación e da ciencia. A reitora da institución visitou a sede da empresa no polígono da Tomada. para coñecer de primeira man os procesos produtivos e os proxectos de investigación desenvolvidos pola firma pobrense.
Noia potencia o talento dos musicos locais no Rúas Vivas
O Campo da Feira será escenario este sábado do Festival Rúas Vivas. Arrancará xa pola mañá con actividades para nenos, un mercado de artesanía e unha sesión vermú.
Polémica polo emprazamento da estación de bicicletas eléctricas da Pobra
A Mancomunidade Barbanza Arousa procedeu á instalación das estacións de bicicletas eléctricas nos catro concellos. O obxectivo é fomentar a mobilidade sostible intercomarcal a través deste servizo de préstamo que estará xa operativo nas próximas semanas.
O BNG de Ribeira reclama a renovación da rúa da Barreira
O BNG demanda a pavimentación da rúa da Barreira. Os nacionalistas reclámanlle ó executivo local que continúe co plan de asfaltados que eles puxeran en marcha cando estaban na alcaldía, e ir así mellorando as estradas municipais, reforzando tamén a seguridade viaria.
Multitudinaria homenaxe á Virxe do Carme en Rianxo
Centos de persoas asistiron a última hora da tarde de onte á misa e posterior procesión da Virxe do Carme en Rianxo. Na maioría das vilas da zona a cerimonia celebrouse durante a xornada de mañá, aínda que en Rianxo é tradición facelo pola tarde, aproveitando ademais o festivo local.
Noia remata as obras de acondicionamento do entorno da igrexa do Obre
O executivo noiés vén de realizar unha importante actuación que deu coma resultado o acondicionamento do entorno da igrexa do Obre. A actuación financiada cos fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística no Destino, vén a completar a primeira fase das sendas peonís da zona, así como a renovación dos servizos básicos nun dos espazos patrimoniais máis singulares do municipio.
O sector valora de xeito positivo o acordo para exención de cotas á seguridade...
O sector valora moi positivamente o acordo que permitirá que os mariscadores e mariscadoras, tanto de a pé coma de a flote, deixen de pagar as cotas á Seguridade Social os días que non poidan traballar a causa dos temporais. A medida será plasmada no próximo Real Decreto-Lei que o Goberno Central pretende aprobar antes do parón vacacional de agosto.
Galicia chega os 40 mil beneficiarios do Bono Coidado no Fogar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca no Porto do Son o programa Bono Coidado Fogar. Facíao durante a visita ó beneficiario 40 mil deste servizo que reside nesta localidade. A Xunta márcase coma foto chegar aos 50 mil usuarios antes de que acaba a presente lexislatura.

















