RIANXO> Aínda que a imaxe xa foi colocada no seu pedestal hai uns días, non será ata este sábado cando se proceda a súa inauguración oficial.
A escultura da Virxe da Guadalupe de Asorey volverá a presidir a praia de Tanxil, despois de máis de 20 anos dende a súa retirada.
Foi un longo proceso de negociación cos seus anteriores propietarios, a familia Baltar, que finalmente, por ben dos intereses de Rianxo deu os seus froitos.
O Concello programou un acto público para este sábado. Será un acto sinxelo, a partir das once da mañá, para festexar a volta da escultura, ó que xa confirmou a súa asistencia o propio conselleiro de Cultura José López Campos.











