RIANXO> Satisfacción no seo do executivo ribeirense trala confirmación por parte da Xunta, a través da consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da concesión dun novo obradoiro dual de emprego, por importe de preto dos 547 mil euros.
A iniciativa beneficiará a uns 20 veciños da localidade, en situación de desemprego, que obterán formación teórico-práctica nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización.
O taller terá unha duración dun ano, un período no que os participantes recibirán formación e adquirirán experiencia profesional en oficios con moi boas perspectivas de inserción laboral.
Durante o obradoiro, os alumnos acometerán as súas prácticas no centro histórico da vila.











