RIBEIRA> Un total de 20 alumnos, dez en cada especialidade: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e carpintería e moble están a participar nunha nova edición do obradoiro de emprego Tahúme, que comparten o concello de Ribeira e o do Porto do Son.
Esta mañá recibían a visita da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, que se achegou para coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver.
A delegada destacou a posta en marcha deste obradoiro, grazas á implicación da Xunta, cunha duración de nove meses, na que os alumnos participantes, ademais de obter unha formación, realizan intervencións de interese público nos dous concellos.
Nesta caso, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, referiuse ás intervencións que se están a realizar no municipio, entre as que destacou a renovación do valado e a mellora do mobiliario do parque da escola infantil municipal.
Tanto a delegada como a propia rexedora destacaron a importancia destes obradoiros de emprego que permiten dotar á poboación en xeral de formación de calidade, coa obtención dun certificado de profesionalidade, ó tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública para a sociedade.











