Turismo de Galicia pon en valor a contorna do hórreo do Araño
A Xunta de Galicia colaborará co concello de Rianxo na mellora da contorna do hórreo do Araño. A actuación, cun orzamento que supera os 215 mil euros no seu total, concentrarase na reordenación da zona e o acondicionamento dos accesos para favorecer o percorrido por un dos bens patrimoniais máis visitados da comarca.
Antón Riveiro Coello, fillo adoptivo de Boiro
Antón Riveiro Coello xa é fillo adoptivo de Boiro. A corporación aprobou por unanimidade o nomeamento do escritor nun pleno extraordinario celebrado o pasado sábado. Ó remate tivo lugar un acto institucional na casa do concello no que o homenaxeado expresou a súa gratitude por este recoñecemento.
Multitudinaria manifestación na Pobra en defensa da sanidade pública
Multitudinaria manifestación a vivida onte domingo na Pobra en defensa da sanidade pública. A mobilización tiña coma principal finalidade reclamar a cobertura de tódalas prazas de profesionais no centro de saúde da localidade e un PAC a tempo completo con urxencias pola tarde.
Belén do Campo supervisa a posta a punto do campamento xuvenil de Espiñeira
A Xunta de Galicia traballa na posta a puntos das instalacións xuvenís para acoller os participantes nos distintos campamentos que se desenvolverán durante o verán en toda Galicia. A delegada territorial da Xunta na Coruña supervisaba esta maña os campamentos de Espiñeira en Boiro e Virxe do Loreto no Porto do Son, nos que se acometeron diversas melloras.
O goberno da Pobra aproba unha declaración conxunta en defensa da sanidade pública
O goberno da Pobra formado por Nós Pobra, BNG, Partido Socialista e Veciños Independentes da Pobra aprobou unha declaración conxunta en defensa da sanidade pública. No documento recóllese tamén a súa preocupación pola situación do centro de saúde da localidade debido ós recortes no persoal e á perda de servizos.
O BNG de Ribeira reclama a apertura inmediata do apeadoiro de autobuses
O BNG de Ribeira levará unha iniciativa ó vindeiro pleno para reclamar a apertura do apeadoiro de autobuses. Os nacionalistas denuncian que leva pechado dende hai xa varios meses, provocando, importantes prexuízos ós usuarios.
Noia será novamente cita de referencia para os amantes da arpa
Esta mañá presentábase a décimo terceira edición do ‘Noia Harp Fest’. O Festival, o único que se celebra en todo o norte peninsular dedicado exclusivamente á arpa, terá lugar do 29 de xullo ó 1 de agosto. Co apoio de Concertos do Xacobeo, a cita reunirá a intérpretes de Galicia e de distintos países de Europa, África e América.
A praza de abastos de Ribeira xa forma parte da rede de mercados excelentes...
A praza de abastos de Ribeira xa forma parte de forma oficial da rede de mercados excelentes de Galicia. Esta mañá o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitaba as instalacións, poñéndoas como referente de calidade, innovación e compromiso coa veciñanza.
Jealsa e AGADEA únense para impulsar un modelo de coidados innovador e comprometido co...
A asociación Agadea e Jealsa asinaron esta mañá un convenio de colaboración que posibilitará a posta en marcha do proxecto ‘AGADEA HÁBITAT: Un mar de saúde’. A través del búscase mellorar a calidade de vida das persoas, fortalecendo os coidados e contribuíndo á construción dunha sociedade máis inclusiva e sostible.
A folga do comercio de alimentación toma as rúas de Ribeira
Máis dun cento de persoas participaron esta mañá en Ribeira na manifestación convocada polos sindicatos CIG, CC.OO, UXT e USO, en demanda dun convenio digno para os traballadores do sector do comercio de alimentación na provincia da Coruña. A mobilización forma parte dos catro días de folga que mantén o sector, iniciada o pasado domingo, e que se prolongará ata a xornada de mañá.

















