Boiro pídelle a Educación que acometa a mellora da fachada do edificio de infantil do Castro

BOIRO> Durante unha visita realizada esta mañá ó colexio do Castro, para ver as últimas obras de mantemento levadas a cabo no centro, o tenente de alcalde, Luís Ruíz, volveu a reclamarlle á Xunta, máis concretamente á xefatura territorial de Educación, que cumpra co seu acordo, e acometa á maior urxencia posible, a rehabilitación da fachada do edificio de infantil deste centro educativo, con humidades e filtracións de auga que provocan danos estruturais no edificio e supoñen un risco importante para os cativos.

Segundo denuncian dende Boiro, o novo responsable territorial, xa é sabedor tamén desta demanda, que lle trasladaron nunha xuntanza mantida o pasado mes de maio.

Van alá varios meses, e faltan apenas a varias semanas para o comezo o novo curso escolar e a situación segue igual.