BOIRO> O salón de plenos do Concello foi o lugar escollido para o acto de entrega do cheque solidario cos fondos recadados no cuarto Torneo Solidario Interparroquial celebrado a finais de xuño de xuño en Vista Alegre.
Nesta ocasión lográronse recadar uns 9.885 euros, unha cantidade importante que irá a parar integramente á asociación ASANOG, que atende a nenos e mozos con cancro de Galicia. Nestas catro edicións a cantidade doada ascende a máis de 40 mil euros.
Dende Asanog agradeceron a achega, que suporá unha gran axuda para a entidade de cara a poder seguir desenvolvendo os seus proxectos e actividades
Dende o Concello, que colaborou tamén con esta iniciativa solidaria, destacaron a importancia do evento no que se implica a toda a sociedade boirense.











