RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a fomentar a corresponsabilidade con iniciativas como o obradoiro de Batch Cooking que se celebrará do 24 ó 27 de agosto. Será impartido polo prestixioso cociñeiros Iñaki Bretal na primeira planta do mercado municipal.
O Centro de Información á Muller pon en marcha os obradoiros de Batch Cooking para fomentar a corresponsabilidade e o reparto de tarefas no fogar. A iniciativa, que estará impartida polo cociñeiro Iñaki Bretal, está dirixida a homes e adolescentes maiores de 15 anos que poderán ir acompañados dalgún familiar.
O obxectivo é achegarse á técnica de batch cooking baseada na elaboración de varios pratos nunha soa xornada para deixar preparadas as bases das comidas de toda a semana. Non se trata dun showcooking senón que os asistentes cociñarán a través de novas técnicas e preparacións con base no produto local de tempada.
Os interesados poden inscribirse a partir de mañá tanto no enlace do QR que aparece no cartel como no teléfono 679 306 188.RIBEIR











