RIBEIRA> Máis dun cento de alumnos dos obradoiros das Amas de Casa de Ribeira exporán os seus traballos na Mostra Aires de Dorna que se inagurará o próximo 18 de agosto no museo municipal. A exposición, composta de elaboracións artesanais, poderá visitarse ata o 15 de setembro.
Como cada ano, a asociación das Amas de Casa de Ribeira divulgará o traballo que realiza ó longo de todo o ano a través da exposición Aires de Dorna. Trátase tan só dunha pequena mostra das creación que elaboran os alumnos dos seus talleres de costura, bordado ou pintura, entre outros, cos que a entidade busca manter vivos os labores tradicionais.
Dende o concello convida á veciñanza a visitar esta mostra coa que buscan poñer en valor o gran traballo que realiza a asociación de Amas de Casa como parte indispensable do tecido asociativo de Ribeira.
O acto inaugural terá lugar o martes 18 á una da tarde e a mostra permanecerá na sala de exposicións do museo municipal ata o 15 de setembro.











