El Tomasón celebra o seu 25 aniversario con dous días de salsa na rúa e unha gala

RIBEIRA> A Escola de Baile El Tomasón celebrará o seu 25 aniversario con varias actividades e mostras. O día 23 terá unha ligar unha gala no auditorio mentres que a última fin de semana de agosto desenvolveranse dúas xornadas de Salsa na Rúa.

Máis de medio cento de bailaríns participarán no Festival Salsa na Rúa que se celebrará en Ribeira os días 28 e 29.

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer a actividade da escola El Tomasón así como outras asociacións convidadas e achegar o baile ó gran público, mediante talleres abertos e exhibicións.

A fin de semana previa, a entidade organizará tamén unha gala que se celebrará o día 23 ás oito da tarde no auditorio. Os alumnos da escola exhibirán o seu bo facer a través dunha vintena de bailes dos máis variados estilos.

Aínda que a entrada é de balde, os asistentes poderán realizar os seus donativos para colaborar coas numerosas actividades que organiza a entidade.