A escaseza de recursos e a baixa cotización condicionan a campaña do polbo

RIBEIRA> Pouco polbo nas primeiras semanas de campaña. Á escaseza de produto súmase unha forte baixada da cotización que está a lastrar o inicio da pescaría.

A campaña do polbo arrancaba a principios de xullo con menos capturas do habitual. As malas expectativas desas primeiras xornadas confirmáronse e mes e medio despois a escaseza de capturas afecta a toda Galicia.

Tampouco os prezos acompañan cunha baixada drástica durante as últimas semanas, motivada en parte pola entrada de produto foráneo.

A pesar deste modesto arranque, dende o sector lembran que a campaña non fixo máis que comezar a agardan unha mellora de cara ós próximos meses.