O PSOE de Rianxo advirte da demora no pago a provedores

RIBEIRA> O PSOE de Rianxo esixe ó goberno maior transparencia na información sobre o pago a provedores. Os socialistas denuncian que a débeda actual ascende a preto dun millón de euros e o período medio de pago rolda os 90 días.

Non é a primeira vez que os socialistas de Rianxo alertan das consecuencias da mala xestión económica da que acusan ó executivo cunha débeda a provedores dun millón de euros.

Atribúen esta demora á falla de previsión orzamentaria que obriga a aprobar suplementos de crédito e outros mecanismos para poder aboar as facturas con consecuente retraso.

Dende o PSOE denuncian que opacidade e escasa transparencia son habituais no concello polo que xa acudiron á Valedora do Pobo en dúas ocasión ante a falla de resposta das solicitudes de información presentadas por rexistro.