A Xunta desenvolve traballos de prevención nas faixas secundarias en varias parroquias sonenses
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, achegouse esta mañá ó concello de O Porto do Son para supervisar os traballos que se están a levar a cabo neste municipio de cara a prevención dos lumes forestais en faixas secundarias. Cabe lembrar que no municipio sonense inclúense un total de cinco parroquias priorizadas con risco alto de incendio.
Boiro desvela o cartel das festas de verán
Boiro presentou hoxe o cartel das festas de verán que se desenvolverán do 3 ó 8 de xullo. As orquestras de primeiro nivel e os tributos marcarán de novo unha programación na que destaca tamén a actuación de 9Louro.
A Deputación da Coruña entrega os Premios PEL 2026
A Deputación da Coruña entregou esta pasada fin de semana os Premios PEL 2026. Os galardóns, cos que a institución provincial premia cada ano o talento, a innovación e a capacidade de xerar emprego, foron para Nubeiro Labs, Que pasa na Costa, Enzicas Bio, Queizuar e Frouma Atlantic Wood, esta última de Ribeira.
A Asociación de Xubilados de Boiro acusa ó alcalde de querer boicotear o seu...
A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Boiro acusa ó alcalde, Xosé Ramón Romero, de querer boicotear o seu proxecto de construción da residencia. Unha actuación para eles prioritaria e que veñen demandando dende hai tempo. Dende o colectivo insístenlle ó rexedor que faga cumprir o acordo plenario de maio de 2020 no que se aprobou a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para a construción desta infraestrutura, na zona da Cachada.
O exexecutivo di que defenderá os intereses do Concello nas reclamacións por SBC
A oposición ribeirense non obtivo o froito agardado e quedouse soa no pleno extraordinario celebrado esta mañá, no que pretendía pedir explicacións ó equipo de goberno pola situación administrativa e xudicial derivada da licenza outorgada no seu día á gasolineira de SBC, en Xarás, que acabou co derrube da mesma por mandato xudicial. O BNG, o PSOE e o grupo de Non Adscritos, que foron os grupos que forzaron a convocatoria deste pleno, acusaron ó executivo local de querer ocultar á veciñanza as consecuencias legais, e tamén económicas, que terá para o Concello, con reclamacións que roldarían os preto dos catro millóns de euros.
Ribeira deseña un amplo abano de actos para celebrar o Día do Orgullo
O concello de Ribeira, a través do CIM, deseñou un amplo abano de actividades para conmemorar o Día do Orgullo que se desenvolverán a vindeira fin de semana, do 26 ó 28 de xuño, o Día do Orgullo. Un dos actos centrais terá lugar o venres 26, cun acto institucional no novo auditorio no que se homenaxeará a Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández.
O mercado da Pobra celebrarase o próximo mércores a pesar de coincidir co festivo...
O concello da Pobra aposta por celebrar o mercado ambulante o próximo mércores coincidindo coa festividade de San Xoán. Dan así resposta a unha vella demanda dos vendedores que solicitaban manter a data aínda que non caera en día laborable.
Un apicultor da Pobra gaña a medalla de ouro no Certame Internacional de Hidromel...
Fernando Cores vén de situar á Pobra no mapa europeo da apicultura tras gañar o Concurso Internacional de Hidromel celebrado en Portugal. O delegado da asociación galega de Apicultura no Barbanza e O Salnés conseguiu a máxima distinción do xurado cunha elaboración caseira a base de mel e herbas aromáticas.
A Pobra sairá a rúa en defensa da sanidade pública o domingo 28 de...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo 28 de xuño na Pobra. A saída terá lugar ás doce da mañá, dende as inmediacións do centro de saúde, para percorrer diversas rúas da vila ata a Praza do Emigrante. A mobilización ten coma principal finalidade a demanda de solucións ás carencias na atención sanitaria que padece a veciñanza da localidade, entre as que se atopa a solicitude dun PAC en horario de tarde.
A taxa de criminalidade en Boiro durante o 2025 situouse por debaixo da media...
BOIRO> Boiro é un municipio seguro, ou así se deixa entrever, despois da publicación dos índices de de criminalidade correspondentes ó pasado ano 2025,...

















