Medio cento de postos integran a Feira Castrexa de Boiro

BOIRO> Este venres abriu as súas portas o mercado castrexo de Boiro. A rúa peonil albergará durante toda a fin de semana máis de medio cento de postos de artesanía, gastronomía e produtos variados que atraen ata a vila a centos de visitantes.

Xa son máis de dez os anos nos que o concello de Boiro aposta polo mercado castrexo para aumentar a oferta de lecer para veciños e visitantes. Un total de 52 postos encherán a rúa peonil de artesanía con produtos gastronómicos, de bisutería, beleza ou decoración. Haberá ademais animación de rúa así como espectáculos e obradoiros inantís.

Dende o concello animan a veciños e visitantes a achegarse a esta feira que se desenvolverá ata a noitiña do domingo para gozar do mercado e dos numerosos atractivos que ofrece Boiro durante o verán.