Sae ileso e polo seu propio pé o condutor dun vehículo que caeu ó mar na Pobra

A POBRA> Susto na Pobra esta madrugada cando un vehículo caeu ó mar na na rotonda do porto deportivo. Afortunadamente o condutor, que resoltou ileso, puido saír polos seus propios medios. Tanto o suceso como a retirada do turismo causaron grande expectación.

O accidente tiña lugar pasada a unha da madrugada cando un turismo saíuse da vía en pleno centro da Pobra e acabou caendo ó mar. Todo apunta a un despiste do condutor que non realizou o xiro na rotonda de entrada ó náutico polo que o coche acabou precipitándose ó fondo da dársena. Afortunadamente levaba as fiestras baixadas polo que puido saír do habitáculo sen dificultade e polos seus propios medios.

O suceso xerou gran expectación entre os numerosos curiosos que esta mañá se achegaron ata ao peirao para ver o vehículo afundido na dársena, onde permaneceu ata aproximadamente as once da mañá cando un guindastre de grandes dimensións procedeu á súa retirada.

O operativo, seguido de preto por numerosos veciños e visitantes, estivo supervisado por persoal de Portos e axentes da Policía Local que aseguraron o perímetro e regularon o tráfico mentres se desenvolveron os traballos.