Noia licita a reforma integral do parque infantil da Alameda

NOIA> O executivo noiés vai sacar a licitación nas vindeiras semanas as obras de renovación integral do parque infantil da Alameda.

A actuación, cun orzamento de preto dos 67 mil euros, virá dar solución ó desgaste acumulado do espazo de xogo polo paso do tempo e o uso continuado das mesmo, modernizando completamente as instalacións, reforzando a seguridade e adaptar o parque ás necesidades actuais das familias.

A reforma incorporará ademais novos elementos inclusivos, entre eles un carrusel adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Con esta actuación, o Concello segue a dar pasos na mellora dos espazos públicos municipais, apostando por infraestruturas de maior calidade que favorezan a convivencia, o lecer e o benestar das familias.