Diego Calvo supervisa as obras de ampliación do complexo deportivo da Tarela

O PORTO DO SON> O conselleiro de Presidencia visitaba esta mañá O Porto do Son para coñecer o avance das obras do complexo deportivo da Tarela. Esta primeira fase permitirá a ampliación do ximnasio e a creación dunha nova área de aparcamento.

A reforma do complexo deportivo da Tarela, no Porto do Son, suporá unha notable mellora na instalación. Nesta primeira fase estase a ampliar o actual módulo da piscina e do ximnasio así como a construír un aparcadoiro exterior.

A actuación, cun orzamento próximo oitocentos mil euros, conta co financiamento da Xunta que achega o 50 por cento do total, grazas a unha subvención para proxectos estratéxicos do Fondo de Cooperación local.

O resto será asumido polo concello grazas ó préstamo sen xuros concedido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. A obra, que estará rematada a finais de ano, é a primeira fase dun ambicioso proxecto que permitirá agrupar toda a actividade deportiva municipal na Tarela, dando resposta ó incremento da demanda con cada vez máis usuarios.