O BNG propón a Dorna e o martes de Entroido como festivos locais con...
O BNG volverá propoñer a designación do día da Dorna e o martes de entroido como festivos locais en Ribeira.A proposta dos nacionalistas, que se debaterá no próximo pleno, pasa por consolidar estas dúas datas en vindeiros anos, agás cando o 24 de xullo coincida en domingo.
Chega a Ribeira a mostra itinerante do Premio Luís Ksado da Deputación da Coruña
A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle dende hoxe a exposición fotográfica Luís Ksado da Deputación a Coruña. Xunto coas series premiadas seleccionáronse outras catro finalistas para conformar a mostra que se poderá visitar en Ribeira ata o próximo 5 de xullo.
Escolares de Ribeira aprenden valores a través da música na segunda edición de DiVersos
O auditorio de Ribeira acolleu esta mañá a gala de peche do proxecto Diversos no que participaron 11 centros educativos do municipio. A iniciativa busca poñer en valor a diversidade a través da música.
Boiro avanza na mellora das infraestruturas deportivas
O concello de Boiro avanza na mellora de varias infraestruturas deportivas do municipio. Mentres as obras do campo da Mina avanzan a bo ritmo, o pleno xa aprobou a solicitude dun convenio á Deputación para a renovación do céspede artificial de Vista Alegre.
AGADEA construirá en Boiro a primeira residencia de maiores do municipio
O concello de Boiro cedeu unha parcela á AGADEA para a construción dunha residencia. Trátase dunha superficie duns tres mil cincocentos metros cadrados, no lugar do Saltiño, que albergará o futuro inmoble con capacidade para 39 usuarios.
O Torneo Internacional Congalsa logra recadar máis de 7 mil euros para a Fundación...
Esta mañá a organización do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base celebrado o pasado mes de maio na Pobra fixo balance da competición. A nivel deportivo e organizativo o Torneo volveu a saír de 10, logrando ademais recadar máis de 7 mil euros que irán destinados á Fundación Aladina, que presta apoio a nenos con cancro e ás súas familias.
Natureza, cultura e tradición conforman a experiencia turística da Pobra para este verán
O concello da Pobra presentou a súa oferta turística para este verán. Experiencias mariñeiras, natureza, paisaxe e patrimonio concentran boa parte das actividades das que poderán gozar os numerosos visitantes que se acheguen ata o municipio.
A Feira do Automóbil Eléctrico de Ribeira consolídase na súa sétima edición con éxito...
A sétima edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira pechou as súas portas cun balance do máis exitoso. Ó gran volume de visitantes que se achegaron ata a praza de España durante a fin de semana engadiuse o elevado índice de vendas que roldou o 25 por cento.
20 alumnos formaranse en carpintería e forestal no obradoiro de emprego Torre Goiáns V
Vinte alumnos inician hoxe a súa formación no obradoiro de emprego de Boiro. Durante nove meses impartiranse os módulos de carpintería e xestión forestal a través dun programa teórico-práctico que lles permitirá obter un certificado de profesionalidade. A Xunta inviste neste programa preto de 500 mil euros.
A confraría de Aguiño recoñece a contribución de Miguel Abraldes, autor da maqueta do...
A Confraría de Aguiño vén de ofrecer un recoñecemento a Miguel Abraldes, autor da maqueta dunha dorna conmemorativa do Centenario da entidade. O obxectivo desta sinxela homenaxe é recoñecer a súa fonda vinculación co pósito do que formou parte non só como socio senón como membro da xunta xeral

















