A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra na súa 63 edición

A POBRA> A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra do Caramiñal na súa 63 edición. Medio cento de embarcacións tomarán parte nesta proba, unha das máis lonxevas de toda Galicia, que se compón de catro etapas co porto pobrense como única escala na provincia da Coruña.

Medio cento de embarcacións recalarán o venres 14 de agosto no porto deportivo da Pobra tras concluír a segunda etapa da Regata Rías Baixas. Trala recepción, os regatistas desprazaranse ata a praza do Emigrante para a entrega de trofeos. 13, con destino a Portonovo para arribar á Pobra, a única escala pertencente á provincia da Coruña.

Trala etapa con destino na Pobra volverán novamente a Vigo para afrontar unha etapa final ata Cíes. Dende a organización destacaron a importancia deste tipo de eventos para seguir a promover o turismo náutico en toda Galicia que adoece aínda de infraestruturas suficientes en materia de portos deportivos.

Entre as entidades patrocinadoras da regata está tamén a Sociedade Liceo de Noia que aposta por apoiar eventos que dinamicen o territorio e sigan atraendo visitantes ás nosas comarcas.