RIBEIRA> Máis dunha ducia de nenos participarán no Campionato Infantil de Fotografía de Peixes que se desenvolverá este sábado na praia de Río Azor en Ribeira.
A gran riqueza de especies que albergan as augas da praia de Río Azor, en Ribeira, converteuna no lugar idóneo para a celebración do quinto Campionato Infantil de Fotografía de Peixes que, terá lugar este sábado.
Os pequenos mergullaranse a partir das dez da mañá co obxectivo de tomar o maior número de fotografías posto que se premiará a maior cantidade de especies rexistradas.
A xornada prolongarase ata a unha e media cando terá lugar a entrega de trofeos, previo avituallamento para os participantes mentres o xurado delibera.
O concello de Ribeira colabora co Club Subacuático Sotavento na organización desta cita deportiva que se celebra no municipio por cuarto ano consecutivo, que tamén ten acollido os Campionatos Galegos e de España desta disciplina.











