RIANXO> Hai uns días presentábase en Rianxo a V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí.
A cita, que terá lugar o vindeiro 22 de agosto, está organizada polo Concello en favor da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí.
Todo o que se recade a través das inscricións, que poden realizarse a través da web de emesports, irá destinado integramente á entidade.
A proba será ademais de dificultade baixa, para posibilitar a participación do maior número de xente posible, previndo dous percorridos con distancias de cinco e once quilómetros, con saída e chegada dende a praza Castelao.
Dende SOGAP´s agradeceron a colaboración do Concello que fai posible que a proba poida organizarse, facendo ademais unha chamada á participación ese día na proba xa que todo o recadado irá destinado a sufragar os distintos programas que desenvolve a entidade, entre eles ‘Vacacións en Paz’.
Para aqueles que non poidan asistir ese día a andaina, pero queiran colaborar igualmente tamén o poderán facer a través do dorsal cero na propia web da inscrición.











