BOIRO> A Deputación da Coruña aprobou o crédito para seguir avanzando na rehabilitación dos inmobles da finca de Goiáns. Trala rehabilitación do Pazo e da Capela procederase agora á posta en valor das cortes e o lagar pequeno, cunah achega de máis de 250 mil euros.
Boiro avanza na recuperación da súa gran xoia patrimonial grazas ó investimento da Deputación da Coruña que vén de aprobar o crédito para a rehabilitación das cortes, o lagar pequeno e a antiga vivenda da finca de Goiáns.
A próxima actuación, que suporá un investimento de máis de 250 mil euros, vense sumar ás numerosas intervencións realizadas na contorna deste conxunto patrimonial. Xunto coa rehabilitación integral do Pazo, procedeuse tamén á recuperación da capela e a posta en valor de toda a finca.











