Emprendemento mozo en Rianxo co chiringuito Terapia

RIANXO> Para que digan que os mozos non teñen iniciativa…neste caso si, e moita.

Ezequiel Míguez un mozo emprendedor rianxeiro de tan só 17 anos, coa axuda da súa propia familia, decidiu abrir este verán o seu primeiro negocio: o chiringuito Terapia, na praia de Tanxil.

Emprazado nun marco incomparable, o negocio estase a converter nunha parada obrigada para todos os bañistas que se achegan ó areal.. pero tamén son moitos os clientes que deciden pasarse atraídos polo bo ambiente e o trato, sempre sorrinte do seu persoal.

Como bo emprendedor que é, e a pesar da súa xuventude, Ezequiel xa cavila no seu próximo negocio..

O chiringuito estará aberto ata o remate da tempada do verán, o 31 de agosto. A partir de aí o local pechará ata o ano, polo que aínda están a tempo de poder visítalo.