O comercio da Pobra sairá á rúa esta fin de semana

A POBRA> A Pobra celebra esta fin de semana unha nova edición do Comercio na Rúa. A praza do Emigrante albergará as casetas nas que os comerciantes da vila sacarán á venda os seus produtos.

Un ano máis, o comercio da Pobra sacará á rúa os seus artigos nunha nova edición do programa ‘Comercio na rúa’ que se desenvolverá entre o sete e o nove de agosto na praza do Emigrante.

Ademais do éxito de vendas en cada edición, os comerciantes destacan a importancia desta feira á hora de dar a coñecer o seu produto e fidelizar clientes.

A feira abrirá as súas portas o venres ás sete da tarde. O sábado e  o domingo desenvolverase de xeito ininterrompido dende as 11 da mañá ás 11 da noite.