200 escolares participan en Boiro na clausura do programa Ludieduca

A decimo cuarta edición do programa Ludieduca chegou á súa fin cunha gran festa de clausura en Boiro. Os nenos de terceiro de primeira de tódolos colexios de Boiro e A Pobra participaron nesta iniciativa de educación en valores que promoven Jealsa e Cruz Vermella

O Mimarte Fest recadará fondos para as vivendas inclusivas de AMBAR

Mimarte e Ambar sumarán esforzos co fin de recadar fondos para as vivendas inclusivas da entidade. Será  a través dun festival solidario que se celebrará o 26 de xuño no auditorio de Ribeira.

Boiro acolle unha xornada técnica sobre viño con profesionais de toda Galicia

O concello de Boiro arrancará a próxima semana tendo como protagonista o viño. O luns 15 desenvolverase no Lab Barbanza de Espiñeira unha xornada técnica para profesionais baixo o título ‘Experiencias Boviño’. Xa o martes terá lugar un encontro das Indicacións Xeográficas Protexidas no Pazo de Goiáns.

A ‘Choqueirada de Verán’ encherá A Pobra de disfraces en pleno xuño

A Pobra segue a apostar por eventos que atraían visitantes ó longo de todo o ano. A finais deste mes de xuño terá lugar unha nova edición da Choqueirada de Verán con animación musical a cargo de varios grupos e unha sesión DJ

Mar apoia ó sector mexilloeiro na busca de alternativas para garantir o subministro de...

A Conselleira do Mar desprazouse esta mañá ata o porto de Muros para supervisar as obras de reconstrución dun treito do peirao interior. Marta Villaverde aproveitou a visita para coñecer as bateas de captación de semente de mexillón que OPMEGA ten nesta ría.

O eclipse solar inspira a Noite Aberta da ABE que se celebrará este sábado...

A Asociación Boirense de Empresas celebrará este sábado unha nova edición da Noite Aberta inspirada no eclipse solar. Ademais do reparto de gafas homologadas para observar o evento astronómico, sortearanse diversos agasallos entre os clientes dos establecementos participantes.

Ribeira acollerá a presentación dun libro sobre os irmáns Fernández Sendón

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza presentará este venres en Ribeira o libro sobre os irmáns Enrique e Manuel Fernández Sendón. O acto terá lugar a partir das oito da tarde no Centro Cultural Lustres Rivas e contará coa presenza dun dos autores da publicación, Xosé Luís Axeitos.

Unto Vello e Delameseta completan o cartel da 3ª Noite Tradi xunto con Bailadela...

Ribeira acollerá o 11 de xullo a terceira edición da Noite Tradi. Admais dos grupos locais Bailadela e As Sete Linguas, integran o cartel a formación galega Unto Vello e os valisoletanos ‘Delameseta’.

As obras para dotar de aulas enogastronómicas ó Museo do Mar de Rianxo encaran...

Barbanza Arousa avanza na súa Viaxe a través da historia dos sabores. Os catro proxectos incluídos no Plan de Sostibilidade Turística encaran a súa recta final. Hoxe, os responsables da entidade visitaron as obras do Museo do Mar de Rianxo que albergará aulas enogastronómicas.

A Traslatio partirá do porto de Ribeira na súa 40 edición

Catorce anos despois, a ruta conmemorativa volverá partir de Ribeira na súa cuadraxésima edición. Ademais do carácter institucional do evento, o concello pretende implicar á cidadanía polo que habilitará un catamarán para acompañar ás numerosas embarcacións participantes.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete