RIBEIRA> O BNG de Ribeira esixe responsabilidades ó concello despois de que a xustiza lle obrigase a indemnizar a unha traballadora por contratación irregular. O pleno tivo que habilitar unha partida de máis de 100 mil euros do remanente de tesourería para facer fronte a este pago.
No pleno do mes de xullo, celebrado o pasado luns, a corporación de Ribeira aprobaba un gasto de máis de cen mil euros para asumir o pago dunha indemnización por unha contratación irregular. O BNG esixe que se depuren responsabilidades políticas por este xeito de proceder que compromete os fondos públicos de tódolos ribeirenses.
O pago desta indemnización, que os nacionalistas temen que non será a única, vense sumar a previsible perda de fondos públicos derivadas ó das reclamacións patrimoniais pola licenza da gasolineira de Xarás do proxecto da residencia das Saíñas que xa supuxo un desembolso de 800 mil euros de fondos públicos.
Os nacionalistas esixen tanto responsabilidades económicas como políticas , entre elas, a dimisión dos seus cargos daqueles que ostentaban o goberno no momento en que se cometeron estas irregularidades.











