RIANXO> Rianxo acollerá este xoves un encontro para analizar a actual situación ambiental da comarca e os retos de futuro. Está organizado pola Asociación Ecoloxista ‘Galiza, Atlántica e Verde’ e contará coa participación da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común e Fousas ao Monte.
O futuro ambiental de Galicia será obxecto de análise na xornada organizada pola asociación ecoloxista Galiza, Atlántica e Verde este xoves en Rianxo. Dará comezo ás oito e media da tarde no auditorio con membros da PDRA, Fousas ó Monte e a organización Galega de Comunidades de Montes que abordarán a actual situación de montes, ríos e da ría de Arousa, os incendios forestais, a contaminación das augas e a responsabilidade das administracións, entre outros asuntos.
Este encontro enmárcase nunha serie de xornadas que se estiveron a desenvolver durante todo o mes de xullo e terán continuidade en agosto por todo o territorio galego. Concluirán en Marzaricos, onde terá lugar o encontro Burla Verde entre o 5 e o 6 de setembro.
Dende a organización animan á asistencia a esta xornada, aberta a toda a cidadanía interesada en coñecer ou achegar propostas para a conservación do territorio.











