Aguiño exaltará a súa navalla este domingo

RIBEIRA> Esta fin de semana terá lugar a décima Exaltación da Navalla en Aguiño. A organización prevé repartir 600 quilos de bivalvo xunto con racións e empanada.

Tralo éxito da festa do percebe celebrada o pasado domingo, Aguiño volverá poñer en valor outro dos seus produtos estrela. Este domingo día nove celebrarase a décima edición da exaltación da navalla na carpa do porto. Ademais duns 600 quilos deste marisco, a organización prevé repartir tamén uns 250 quilos de sardila e 700 racións de empañada.

A venda dos tickets, cun prezo de 15 euros por ración, dará comezo ás dez da mañá. Toda a navalla que se servirá será extraída da zona de Castro-Catía en apnea. A xornada contará con animación musical a cargo de China e Tabernarias.