RIANXO> Durante dúas xornadas, o sábado pola tarde e o domingo pola mañá, celebrouse no Campo de Arriba unha nova edición, e xa van quince, da Festa do Mexillón.
Como as anteriores, a cita resultou todo un éxito e dende a organización da mesma, a cargo Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo valoraron moi positivamente o evento, moi por riba das previsións que tiñan, que serviu tamén para poñer en valor un produto de moita tradición e moi ligado á localidade.
En total este ano cociñáronse uns 3 mil quilos de mexillóns en diferentes elaboracións, á vinagreta, en escabeche, en empanada, en croquetas, todas elas exquisitas, pero a que máis triunfou foi ó modo tradicional, ó vapor.
Pero máis que unha festa gastronómica o evento ten tamén un fin social, xa que toda a recadación vai destinada a financiar a tempada de tódalas categorías do Club de Remo Rianxo, e tódolos seus membros ariman o ombreiro para que non falte de nada.
E pasada a cita, xa pensan na seguinte, as expectativas son altas e vendo o resultado das edicións anteriores na que non deron abasto, o éxito da festa está máis que garantido.











