RIBEIRA> O futuro da nave de Cerqueira segue a ser obxecto de debate en Ribeira. O BNG demandan que se destine a un espazo multiusos para toda a cidadanía, cumprindo así co obxectivo para o que foi adquirida.
O BNG presentou unha alegación instando ó concello de Ribeira a converter a antiga fábrica de Cerqueira nunha nave polivalente para uso veciñal. Lembran que o anterior executivo elaborou un borrador coas liñas básicas para definir os futuros usos do inmoble, como motor dinamizador do barrio de Bandourrío.
A instalación podería albergar actividades durante todo o ano como feiras gastronómicas, culturais ou eventos deportivos.
A este respecto, inciden na importancia histórica da antiga fábrica como mellor exemplo do patrimonio industrial galego.











