Máis dun cento de postos integrarán a Feira Artemar de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira volverá reivindicar o seu pasado mariñeiro cunha nova edición de Artemar que se celebrará entre o 13 e o 16 de agosto. Un cento de postos integrarán o mercado que contará con animación de rúa e espectáculos de gran formato.

Un ano máis, e xa van 19, Ribeira volve apostar por poñer en valor a súa cultura mariñeira coa Feira Artemar. Máis dun cento de postos compoñerán o mercado que se instalará do 13 ó 16 de agosto. Na praza do concello concentraranse os postos gastronómicos mentres que as rúas de Galicia e Rosalía de Castro acollerá os postos de artesanía, con gran presenza dos creadores locais posto que contan cunha bonificación do 50 por cento para a instalación dos seus expositores. Durante os catro días que dura a feira haberá obradoiros infantís, animación de rúa e espectáculos de gran formato en horario nocturno, tanto na praza do concello como na Porta do Sol.

Dende o concello animan a comercio e a hostalería a implicarse na feira decorando os locais con motivos mariñeiros, que ademais poderán ter premio, posto que volverá convocarse o concurso de escaparatismo. A inauguración da feira terá lugar o xoves ás seis da tarde con peche a medianoite.

O resto dos días abrirá de doce a tres e de seis a doce, con posibilidade de estender horario ata as dúas da madrugada durante fin de semana.