RIBEIRA> Os ribeirenses terán ocasión de ver o eclipse de sol dende dous lugares privilexiados. O concello organizou actividades de observación na Pedra da Rá e no Faro de Corrubedo cunha explicación guiada por expertos en astronomía.
Aínda que o eclipse en Ribeira será parcial, sen dúbida será unha experiencia única, máis se cabe se a observación se realiza dende encraves naturais privilexiados. Por esta razón, o concello programou dúas actividades, unha ás sete na Pedra da Rá e outra media hora máis tarde no Faro de Corrubedo. Ademais da explicación guiada, os asistentes disporán de gafas homologadas de balde.
Aínda que a actividade é de balde, é preciso inscribirse previamente na oficina de turismo posto que as prazas están limitadas a algo máis de medio cento en cada actividade.
O concello realizará tamén un reparto de lentes para ver o eclipse nas xornadas previas que se poderán recoller na oficina de turismo.











